On jun 22, 2015

“O FARO” se emitirá en Oriente Medio

Back to Blog Discover Top

“O FARO” se emitirá en Oriente Medio

 

O equipo que realiza a serie da Televisión de Galicia “O Faro” está de parabéns, xa que segue aumentando adeptos fóra da nosa terra. Este serial, que engancha os espectadores con diferentes tramas de amor, celos, intrigas e vinganzas, ademais de ser premiada recentemente pola Academia Española de Televisión como Mellor Ficción Autonómica, vaise emitir en Oriente Medio. Así o confirmou a distribuidora Imagina International Sale, tras pechar a venda co grupo de comunicación iraní Gem TV para ofrecerse pola canle Rubix TV, en países como Irán e Iraq.

 

“O Faro” é a primeira ficción de emisión diaria promovida conxuntamente pola maioría das canles autonómicas agrupadas en FORTA –Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas-, producida por Atlántida Mediae gravada integramente na contorna de Santiago de Compostela, obtendo destacados índices de audiencia.

Tras o éxito de emisión dos primeiros 120 episodios, Televisión de Galicia continuou apoiando a súa continuidade. Unha aposta por unha serie familiar, branca e de contido universal, onde unha humilde familia ve ameazado o seu negocio polos intereses urbanísticos duns ambiciosos empresarios. Actualmente, a TVG está ofrecendo a súa cuarta temporada, a piques de emitir o seu capítulo 300 e contando co respaldo da audiencia galega e doutras televisións autonómicas. En concreto, a TV3 catalá está a emitir a segunda temporada, dobrada ao catalán e seguida con moita fidelidade na faixa da tarde.

Elenco artístico

No serial “O Faro”, unha idea orixinal de Zaza Ceballos, os argumentos están escritos e coordinados por Rosa Castro, que ten entre o seu elenco de guionistas a Pilar G. RegoOzo Perozo ou Ana Seixido, como editores de diálogos, e a Iria LópezRaúl GarcíaEva VázquezManuel Darriba ou Lola Beccaría, entre os máis de 15 guionistas que teñen participado no serial ata o momento.

“O Faro” é unha serie coral de máis de 20 personaxes, a maioría interpretados por actores galegos, que conforman as tramas fundamentais do guión. O seu amplo reparto está encabezado por Luisa Merelas, Manu Regueiro, Denis Gómez, Fernando Tato, Susana Sampedro, María Mera, Carlos Olalla, Adrián Castiñeiras, Aníbal Soto, María Tasende, Xoel Fernández, César Goldi, Raquel Espada, Rebeca Montero Sonia Rúa, entre outros.

A produción executiva está conformada por Zaza Ceballos, Dolores Ben, Antonio Moncho Varela e os seus directores actuais son Jesús Font, Gerardo Rodríguez Ozo Perozo. Ademais, a ficción conta na dirección de produción con Esperanza Gracia; na fotografía, con Juan Morgade; na dirección de arte, Ramón Rubira, e con Lourdes Briones e María Porto, en perruquería e maquillaxe e vestiario, respectivamente.

O equipo completo, de preto de 200 persoas, celebra a primeira venda de “O Faro”, mentres está xa a preparar a gravación da quinta temporada desta serie de éxito.

 

Enlace con RTVG

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Share

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

CERRAR